O terceiro Observatorio conclúe, a modo de resumo, que a cidadanía ve na cultura escrita e os dereitos de autor un ben común –un ben «de mérito»–; que as plataformas tecnolóxicas, en primeiro lugar, e as Administracións públicas, en segundo, están contribuíndo a normalizar o uso non autorizado de contidos editoriais protexidos (democratización da pirataría); e, finalmente, que a protección efectiva da propiedade intelectual dos autores e editores require dunha responsabilidade compartida entre todas as áreas de Goberno —non só de Cultura— e unha regulación máis eficiente.

Neste contexto, é fundamental que a lexislación configure un mercado claro e transparente, que defina que é a propiedade intelectual e como se reutiliza. Tamén é importante que a información que xera este mercado non quede concentrada en mans dunhas poucas empresas tecnolóxicas. As mesmas regras deben aplicarse cando estas compañías negocian dereitos de autor, xa que utilizan de xeito masivo obras protexidas.

No referente ao impacto da IA na sociedade, en xeral, e no sector cultural en particular, hai un consenso xeneralizado en percibila como un risco para todos os ámbitos.

01As obras editoriais, un
«ben de mérito»

Os enquisados valoran as obras editoriais como un ben colectivo que contribúe ao fortalecemento da democracia e o desenvolvemento social, considerándoos un «ben de mérito». Porén, esta percepción positiva vese afectada por unha preocupante falta de información, especialmente no actual contexto de transformación dixital, que pon en risco eses valores. Por iso, é prioritario que as áreas de Cultura, Educación, Transformación Dixital, Industria e Xustiza impulsen unha estratexia informativa que fomente o coñecemento, a protección e o respecto dos dereitos de autor.

83,7 %O 83,7 % da poboación entende que respectar os dereitos de propiedade intelectual dos autores e editores xera externalidades positivas para a sociedade.
O ben de mérito vese ameazado polos usos deméritos das grandes tecnolóxicas e a falta de regulación, que fomentan a pirataría, desvalorizan as obras editoriais e prexudican tanto a autores e editores como ao conxunto da sociedade. A maioría da sociedade recoñece que falta información sobre os dereitos de autor (67,6 %) e reclama, agora máis que nunca (88,7 %), unha mellor explicación dos seus beneficios e dos riscos dos usos tecnolóxicos indebidos.

Percepción da sociedade sobre a información dispoñíbel acerca dos dereitos de autor

Falta información abonda sobre os dereitos de autor.
Agora máis que nunca deberíase explicar mellor á poboación os beneficios dos dereitos de autor.

Quen debería liderar o labor informativo sobre os dereitos de autor?

51,9 %
Goberno (estatal, autonómico e local)
30,7 %
Federacións, asociacións e entidades de xestión cultural
17,4 %
Editores e medios de comunicación

02Rexeitamento social
ás malas prácticas

A sociedade percibe algunhas prácticas en dereitos de autor —como o plaxio, a copia non remunerada ou o uso de obras para adestrar IA sen consentimento ou non pagar polo uso de clipping de prensa— como unha ameaza á innovación e a cultura.

A falta de exemplaridade institucional e a influencia das grandes tecnolóxicas, que reforzan nesgos cognitivos, contribúen a normalizar estas prácticas. Como consecuencia, xéranse impactos negativos na cultura escrita e a sostibilidade do sector, debilítase o pensamento crítico e medran riscos sociais como a manipulación informativa e as desigualdades, mentres a exemplaridade das administracións queda cuestionada fronte á cidadanía. É imprescindíbel unha acción decidida das Administracións e unha regulación eficaz para protexer a creadores e editores.

Os dereitos de autor, piares fundamentais para garantir unha sociedade xusta, creativa e respectuosa co traballo intelectual.

Prácticas que prexudican a sostibilidade

87,8 %
Plaxiar contidos e publicalos como propios
82,2 %
Facer copias sen remunerar nin acordar con autores ou editores
81,3 %
Non pagar polo uso de clipping en prensa
76,3 %
Usar obras sen consentimento para adestrar IA

Orixe destas prácticas

Existe unha desconexión entre o que as institucións fan e o que a sociedade agarda delas en materia de propiedade intelectual.

Nesgos cognitivos e responsabilidade institucional

Nesgos cognitivos ou atallos mentais que fomentan as prácticas en materia de propiedade intelectual e que son a orixe do consumo ilegal de contidos editoriais. Estes nesgos reducen a percepción de culpa, racionalizan a infracción e normalizan a súa aceptación social. Identificalos axuda a entender por que, mesmo entre quen afirman valorar a cultura escrita, o consumo ilegal de contidos continúa estando tan espallado e medra.

Nesgo de autoridade

Nesgo de autoridade

A falta de mensaxes e sancións claras interprétase como permiso para piratear

Nesgo de gratificación instantánea

Nesgo de gratificación instantánea

A facilidade e inmediatez do acceso pirata reforza a conduta ilícita

Nesgo de normalidade e falso consenso

Nesgo de normalidade e falso consenso

Crer que «todo o mundo o fai» dilúe a responsabilidade individual

Nesgo de atribución causal externa

Nesgo de atribución causal externa

O consumidor culpa aos prezos ou editoriais para xustificar a pirataría

Nesgo de ancoraxe

Nesgo de ancoraxe

Compárase o prezo legal coa gratuidade do pirata, xerando rexeitamento ao pago

Nesgo de autoxustificación

Nesgo de autoxustificación

Preséntase o acto ilícito como algo beneficioso para os autores

A profecía autocumprida e o nesgo de confirmación

A profecía autocumprida e o nesgo de confirmación

Canto máis se busca e se accede a contidos ilegais, máis se atopan xustificacións e probas de que ese comportamento está socialmente aceptado

Nesgo de dispoñibilidade cognitiva

Nesgo de dispoñibilidade cognitiva

Dáse máis valor ao medio tecnolóxico que á obra, banalizando a cultura escrita

Estes nesgos vense agravados por prácticas institucionais, especialmente cando as propias Administraciones públicas os activan e lexitiman. Ao facelo, contribúen a xustificar a pirataría e outras formas de uso non autorizado de contidos editoriais.

Freo ás tecnolóxicas e protección da cultura mediante unha lexislación eficiente

87,9 %O 87,9 % considera que hai pouca regulación, xa que as Administracións cederon poder ás tecnolóxicas e entende que respectar os dereitos de propiedade intelectual de autores e editores xera externalidades positivas para a sociedade.
A falta dunha regulación eficaz, que deu lugar á consolidación de monopolios, a evasión fiscal, a desinformación e o uso indebido de obras culturais sen compensación. As persoas enquisadas coidan que as Administracións cederon poder ás tecnolóxicas e lexislan «sen criterio, con descontrol e concesións», unha opinión compartida por tres de cada catro persoas.

03Exemplaridade institucional e dereitos de autor: a exixencia cidadá

A sociedade recoñece claramente as prácticas no uso de contidos editoriais, responsabiliza as institucións públicas pola súa falta de exemplaridade, e reclama información, educación e políticas sostidas para protexer os dereitos de autor e fomentar o respecto polo traballo de autores e editores.

Quen son os responsábeis de protexer os dereitos de autor?

Os enquisados perciben que as Administracións renunciaron ao seu papel de protexer os dereitos de autor. Sinalan a falta de campañas de sensibilización, sancións efectivas e liderado institucional fronte á pirataría dixital e o uso de obras sen licenza, tanto en educación como en cultura e, agora, tamén no desenvolvemento da intelixencia artificial xenerativa.
88,7 %O 88,7 % vencella o progreso sostíbel a unha correcta protección dos dereitos de autores e editores.

Dereitos de autor e Administracións públicas

Percepción sobre o comportamento das Administracións públicas:

En xeral, a sociedade rexeita que as Administracións reutilicen obras editoriais sen pagar aos seus titulares de dereitos.
73,7 %
Considera unha mala práctica lexislar para evitar o pagamento de dereitos de autor.
74,1 %
Desaproba que se distribúan contidos sen compensación.
95,8 %
Considera que as malas prácticas no uso de contidos editoriais por parte das Administracións públicas son eticamente igual ou máis graves que se as cometese unha empresa tecnolóxica.
Esta percepción reflicte unha alta exixencia social de exemplaridade institucional na defensa dos dereitos de autores e editores.
O comportamento institucional ten un efecto directo sobre a poboación. A percepción de que as propias Administracións e centros educativos reutilizan contidos sen respectaren os dereitos de autor activa os nesgos cognitivos analizados no bloque anterior, que normalizan a pirataría, reducen a percepción de culpabilidade e deterioran tanto a autoridade institucional como a vontade de pagar por contidos culturais. A exemplaridade institucional non só e desexábel, senón indispensábel para frear estas dinámicas.

Unha Administración pública transparente cos dereitos de autor

Como se ve a Administración pública segundo a súa implicación na defensa dos dereitos de autor?

O coidado dos dereitos de autor ten un efecto moi positivo na imaxe das Administracións. No discurso dos cidadáns xorde unha reveladora relación de contrarios subxacente que hai que ter en conta.

Unha Administración que protexe os dereitos de autor

  • Seria e eficaz.
  • Responsábel, transparente e xusta.
  • Coida o seu patrimonio e o seu activo cultural.
  • Preocúpase pola sociedade e o país.
  • Activa e loitadora.
  • Democracia madura.
  • Orientada ao longo prazo.

Unha Administración que descoida os dereitos de autor

  • Laxa e ineficaz.
  • Irresponsábel, opaca e inxusta.
  • Descoida o seu patrimonio cultural.
  • Despreocupada e desinteresada pola sociedade.
  • Desleixada e inactiva.
  • Democracia fráxil e vulnerábel.
  • Orientada ao curto prazo.

Os enquisados reclaman 4 tipos de medidas

01

Campañas de concienciación xeneralistas e mensaxes claras nas canles de compra dixital.

02

Accións educativas e formativas en colexios, universidades e espazos culturais.

03

Inspeccións reais e sancións eficaces, tanto dirixidas a particulares como a institucións.

04

Pagamento de dereitos de autor pola reutilización de contidos editoriais.

Piares para a sostibilidade da cultura

A cidadanía aposta por lexislar con transparencia, recoñecer a cultura como un eixo estratéxico do Estado e garantir recursos estábeis para os creadores, cuestións que definen por si mesmas o tratamento que debe realizarse, seguindo a teoría económica, sobre un ben de mérito. Estas demandas exprésanse como piares necesarios para garantir a sostibilidade do sector editorial e da cultura escrita.

04 A cultura escrita
en risco pola IA

A intelixencia artificial esperta tanto fascinación como temor. A súa expansión despraza o valor do contido cara ao algoritmo e ameaza o talento humano, a diversidade e o legado cultural.

A cidadanía pide regulación clara e protección real para autores e editores, convencida de que a cultura escrita é a mellor defensa fronte ao exceso tecnolóxico.

Uso da IA xenerativa

A intelixencia artificial xa forma parte da nosa vida cotiá, cun uso cada vez máis estendido sobre contidos preexistentes.
59,3 %
usou IA xenerativa algunha vez
55 %
usouna no último mes
72,3 %
emprégaa sobre textos preexistentes (webs, libros educativos)

Ambivalencia social: fascinación e medo

Entre a curiosidade polo seu potencial e o temor á deshumanización, a sociedade vive a IA con sentimentos encontrados.

As ACTITUDES da poboación cara á IA son AMBIVALENTES.

Mentres a cultura escrita se asocia ao esforzo humano e ao pensamento crítico, a IA percíbese como automática, uniforme e despersonalizada.

Ante os riscos da IA, regulación e protección para os creadores

A maioría considera que a IA comporta un risco alto e reclama ao Estado unha regulación clara e eficaz
Con todo, os enquisados son moi críticos coa actuación da Administración até agora.
89 %O 89 % vencella o progreso sostíbel cunha axeitada protección de autores e editores.
A cultura e a educación percíbense como piares fundamentais para fortalecer a sociedade diante dos desafíos que presenta a intelixencia artificial. Neste sentido, o 89 % vencella o progreso sostíbel cunha axeitada protección de autores e editores. A lectura, o pensamento crítico e o apoio a creadores vense como ferramentas chave para preservar o desenvolvemento humano e cultural nun medio cada vez máis dominado pola tecnoloxía.

Percepción da cidadanía sobre o papel da Administración ante a regulación da IA

88,3 %
Considera que fortalecer a cultura escrita é o mellor xeito de afrontar os riscos do exceso tecnolóxico e da IA, interpretando esta protección como unha estratexia de futuro, defensa do talento e freo á homoxeneización cultural.
72,7 %
Opina que as Administracións públicas non cumpren con esta responsabilidade, priorizando as grandes tecnolóxicas fronte aos dereitos dos creadores.
62,5 %
Considera que se protexe pouco ou nada a autores e editores.
37,5 %
Considera que si se fai “moito ou abondo”; mais deles un 86 % recoñece descoñecer como se leva a cabo esa protección, evidenciando falta de transparencia e comunicación institucional.

05 ZOOM: Intelixencia artificial xenerativa

Unha análise máis actualizada e equilibrada sobre a súa penetración e percepción

A diferenza do estudo de Ipsos, encargado por Google e centrado unicamente nos beneficios inmediatos da intelixencia artificial xenerativa –como o acceso á información, a educación ou o traballo–, o informe de Qbo para CEDRO ofrece unha visión máis completa e equilibrada. Xunto ás achegas positivas, incorpora riscos e externalidades que Ipsos non analizou, como a desinformación, a dependencia tecnolóxica, o desemprego ou a percepción da IA como perigosa.

Comparativa de aspectos tratados por ambas as dúas análises.

Os aspectos non medidos polo estudo de Ipsos son moi importantes porque mudan a forma de percibir a IA:

Desinformación

Desinformación

Qbo evidencia que gran parte da poboación percibe a IA como un risco de manipulación informativa. Isto amosa que non se trata só dunha ferramenta de acceso ao coñecemento, senón tamén dunha posíbel ameaza á calidade democrática e ao pensamento crítico.

Dependencia tecnolóxica

Dependencia tecnolóxica

En xeral considérase que a IA incrementa a vulnerabilidade das persoas e das sociedades fronte á tecnoloxía. Isto presenta riscos de perda de autonomía e de control social que Ipsos non analizou.

Desemprego

Desemprego

Qbo indica que un sector significativo da poboación ve a IA como un factor negativo para o emprego, conectando directamente co temor á substitución de traballadores e á precarización laboral. Ipsos non o valorou, presentando así unha visión incompleta do impacto económico.

Percepción de perigosidade

Percepción de perigosidade

Unha parte importante da poboación considera que a IA é máis perigosa que innovadora, reflectindo unha inquedanza social de fondo sobre os seus efectos culturais, humanos e éticos. Este matiz crítico estivo ausente no informe de Ipsos.

6Solucións

O Observatorio de Sostibilidade da Cultura Escrita reclama unha acción urxente con medidas estruturais que combine lexislación clara, xestión activa de dereitos por parte da Administración, transparencia, educación, campañas de concienciación, colaboración público-privada e un rol exemplar do sector Público, entre elas:
Lexislación clara que elimine ambigüidades e excepcións no uso de contidos editoriais.
Transparencia institucional no uso e distribución de contidos protexidos a través da licenza de dereitos de autor para esa reutilización.
Formación sobre dereitos de autor en todos os niveis educativos e nas AAPP.
Campañas de sensibilización sostidas, con foco no valor do contido, o respecto ao autor e as consecuencias da pirataría.